O BNG-AA denuncia a acumulación de lixo xunto aos restos do Templo Romano

O BNG-AA denuncia a acumulación de lixo xunto aos restos do Templo Romano

“En vésperas da chegada masiva de visitantes polo Arde Lucus non podemos permitir ter así o noso patrimonio arqueolóxico” aclarou Rubén Arroxo

Lugo, 14 de xuño 2016. O grupo municipal do BNG denuncia que os restos do Templo Romano que se atopan xunto ao Círculo das Artes estean cheos de lixo “é un lugar que só abre polo día, polo que debería existir un maior control do seu estado”. Este espazo abre en horario de 10h-22h e permanece pechado o resto do tempo, o seu acceso están pegado á porta de Bispo Aguirre, polo que está nun lugar estratéxico para poder ser visitado nas festas do Arde Lucus que comezan este xoves. É por isto mesmo polo que dende o grupo nacionalista consideran que urxe retirar o lixo de aí “a imaxe de ter eses restos e ver a zona tan sucia, non axuda a poñer en valor a nosa cidade” afirmou Arroxo.

 templo romano

O concelleiro do BNG-Asembleas Abertas puido observar que o lixo se chega a meter incluso por debaixo da fiestra que cubre as ruínas, algo que nas súa opinión “cómpre remediar”. O propio edil nacionalista cre que esta situación é un exemplo de descoordinación do goberno municipal, e pide implicación das distintas áreas para evitar estas situación “vendo como accións simples sobre o noso patrimonio obteñen este grao de abandono, resulta difícil esixir cuestións maiores como que se tome en serio a situación do Cuartel de San Fernando”

O BNG-AA denuncia a acumulación de lixo xunto aos restos do Templo Romano