O BNG-AA non asistirá ao pregón das festas da Milagrosa dada a celebración da Raíña das festas

O BNG-AA non asistirá ao pregón das festas da Milagrosa dada a celebración da Raíña das festas

Para Maite Ferreiro “Isto é un importante paso atrás no avance dunha sociedade igualitaria e nós non imos ser partícipes”

IMG_7649

Lugo, 24 de agosto, 2015. O BNG - Asembleas Abertas anunciou a través da concelleira Maite Ferreiro que tanto ela coma o concelleiro Rubén Arroxo van estar ausentes no pregón das festas da Milagrosa como protesta ante a implantación deste ano do evento da Raíña das Festas. Para Maite Ferreiro “Isto é un importante paso atrás no avance dunha sociedade igualitaria e nós non imos ser partícipes” lembrando tamén que en anos anteriores este acto non se realizaba. “Dende a nosa organización temos claro que as festas teñen que ser eventos onde se promova a nosa cultura, se teña unha axenda de ocio para todas as idades e sexan incluso un reclamo turístico, e nese perfil non colle un festival onde se cosifica ás mulleres” apuntou a concelleira nacionalista. Maite Ferreiro quixo facer tamén alusión ao dobre discurso que teñen algunhas persoas “todo o mundo fala pola boca grande de apostar por políticas de igualdade real, mais despois vemos que nos atopamos con prácticas que son totalmente o contrario”

Dende o BNG-Asembleas Abertas lembran que están a denunciar por todo o país alí onde teñen lugar a celebración destas anacrónicas festas. Ademais para o grupo nacionalista resulta preocupante o incremento de actitudes machistas que se está a dar entre a xente nova, o que en palabras da concelleira “unha cuestión coma esta o único que fai é que se siga alimentando o pensamento patriarcal que aínda está latente nunha boa parte da sociedade”.

O BNG-Asembleas Aberta pediu tamén, tal e como xa fixo no pasado, que non se dean cartos públicos a festas con actos deste tipo “é obriga das institución traballar por erradicar o machismo da sociedade, polo que teñen que evitar calquera tipo apoio ás festas que non asuman algo tan básico”

Finalmente dende o grupo nacionalista quixeron recoñecer o traballo feito pola asociación veciñal nos anos anteriores, facendo unhas festas exemplares, apostando sempre por unha visión galega e popular.

O BNG-AA non asistirá ao pregón das festas da Milagrosa dada a celebración da Raíña das festas