Imprimir

O BNG-AA pide adaptar as zonas de xogos infantís para os diferentes tipos de discapacidades

Comarca de Lugo Centro | 23 de agosto de 2015

Para Rubén Arroxo “a igualdade real só se logra se todas as persoas teñen os mesmos dereitos para facer as mesmas cousas”

columpio

Lugo, 23 de agosto, 2015. O BNG-Asembleas Abertas pídelle ao concello de Lugo que continúe a adaptar de forma progresiva as diferentes zonas de xogos infantís de Lugo aos nenos e nenas que sufran dalgún tipo de discapacidade. Para Rubén Arroxo “a igualdade real só se logra se todas as persoas teñen os mesmos dereitos para facer as mesmas cousas”, ante isto dende o grupo nacionalista propoñen dar solucións para que as nenas e nenos con discapacidades poidan xogar co resto cas maiores facilidades posibles “hai que apostar por diversos elementos, como poidan ser dende bambáns adaptados a cadeiras de rodas, como pictogramas para as persoas con autismo”.

Dende o BNG-Asembleas Abertas animan ao goberno municipal a que continúe esta labor mantendo un contacto constante cas asociacións que traballan cas diversas discapacidades, tratando así de dar cas solucións máis eficaces en cada unha das problemáticas. Para o portavoz nacionalista “é unha cuestión de xustiza polo que aínda que somos conscientes de que non se pode solucionar dun día para outro, hai que trazar ese camiño”. Arroxo explicou que nas comisións abertas nas que se elaborou o programa da candidatura nacionalista ás eleccións municipais, houbo persoas que incidiran nesta cuestión, polo que considera que “agora nos toca a nós solicitar que se leve a cabo”.

Dende o grupo nacionalista quixeron lembrar que xa na propia candidatura apostaron por unha defensa clara de políticas que xiren en torno á inclusión das persoas con algún tipo de discapacidade, formando parte dela tres persoas con estas características, algunhas delas con longa traxectoria no activismo pola reivindicación dos seus dereitos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/destacadas/bng-aa-pide-adaptar-zonas-xogos-infantis-diferentes-tipos-discapacidades/20150823230133003910.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal