RECENTEMENTE APARECERON UNHA CANTIDADE SIGNIFICATIVA DE POMBAS MORTAS NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO A CAUSA É DESCOÑECIDA PERO PODERÍA TRATARSE DUN ENVELENAMENTO

O BNG-AA preguntará pola morte de pombas no entorno do parque Rosalía de Castro

IMG_20180523_142219

“Dende o concello recoñeceuse o problema e asegurouse que se enviaran cadáveres ao Rof Codina pero hai informacións contraditorias” informou Rubén Arroxo

O BNG-AA preguntará pola morte de pombas no entorno do parque Rosalía de Castro

Lugo, 23 de maio de 2018. “Recibimos a preocupación de varias persoas que pasean habitualmente polo parque Rosalía de Castro e que atoparon recentemente pombas mortas nunha cantidade considerable” explicou o voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo e engadiu “entendemos que o departamento de desenvolvemento sostible estaría ao tanto do asunto e preguntamos de xeito verbal para ter información, agora farémolo de xeito formal ao goberno e por escrito por que non hai nada claro”. Recentemente apareceron unha cantidade significativa de pombas mortas no parque Rosalía de Castro a causa é descoñecida pero podería tratarse dun envelenamento.

“Dende o concello recoñeceuse o problema e asegurouse que se enviaran cadáveres ao Rof Codina pero hai informacións contraditorias” informou Rubén Arroxo. Segundo a información recibida primeiramente enviáronse algúns dos cadáveres atopados foron remitidos para o seu exame e autopsia ao Hospital Veterinario Rof Codina. “Segundo se está informando dende o propio hospital alí non se recibiu ningún exemplar de pomba remitido dende o concello e esto é o que xenera dúbidas, preguntaremos formalmente para que o goberno municipal explique o sucedido” dixo Rubén Arroxo.

O voceiro do BNG afirmou que “non entendemos que dende o concello de Lugo non se dea unha información certeira nun caso como este, e o feito de que aparezan versións contraditorias alimenta a desconfianza, cousa que nunca é boa para unha institución”. O BNG elevará á comisión correspondente unha serie de preguntas para que queden definitivamente aclaradas.

O BNG-AA preguntará pola morte de pombas no entorno do parque Rosalía de Castro