DENDE O BNG-AA APÓSTASE POLA REVISIÓN DE CONTADORES E DAS PERDAS DA REDE ANTES DE PROPOÑER SUBIDAS NO RECIBO DA AUGA A VECIÑAS E VECIÑOS

O BNG-AA preguntará polas perdas provocadas nos contadores da auga

IMG_1153

“Máis de 500 contadores poderían estar inactivos dende fai moito tempo por falta de inspección e esto supón cuantiosas perdas para o concello” dixo Rubén Arroxo

O BNG-AA preguntará polas perdas provocadas nos contadores da auga

Lugo, 16 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, avanzou que presentará unha serie de preguntas na Comisión de Infraestruturas pola xestión que se fai no concello para controlar o funcionamento dos contadores da auga da rede de abastecemento. Arroxo sinalou que “ademais dos fraudes intencionados tamén se sabe que hai un importante número de contadores que está paralizados dende fai tempo e que non se están revisando e esto impide que se facture correctamente o consumo de auga”.

Arroxo explicou “temos constancia que non existen inspeccións a maiores daqueles casos que son detectados na lectura dos contadores e que non hai interese por parte do goberno en controlar cantos contadores non están reflexando o consumo real e cal é o importe que o concello perde de ingresar” e engadiu “nalgúns casos incluso se está utilizando a auga para o rego de xardíns privados durante todo o verán”.

A pesares de que non hai datos oficiais “máis de 500 contadores poderían estar inactivos dende fai moito tempo por falta de inspección e esto supón cuantiosas perdas para o concello” dixo Rubén Arroxo que denunciou a falta de mecanismos de inspección “o goberno é sabedor desta situación dende fai tempo pero non se están poñendo medios para solventala”. Arroxo sinalou que “non sabemos se están facendo inspeccións de posibles fraudes intencionados, pero está claro que os medios que están adicando son insuficientes”.

No caso dos contadores inactivas si están pagando polo aluguer do contador, no caso de que este sexa propiedade do concello, pero non se está pagando polo consumo real de auga. Arroxo sinalou que “polos datos que temos o consumo medio por contador podería rondar entre os 6 ou 7 metros cúblicos de auga por mes e fogar, este consumo multiplicariase no caso de empresas ou establecementos”. Tendo en conta que vivenda, habitada por unha familia de 3 ou 4 membros, ven pagando unha media de 200 € polo auga que cosume, as perdas suporían máis de 100.000 euros anuais “pero, falta de datos oficiais, temos indicios para pensar que esta cantidade é moito máis alta” advertiu Rubén Arroxo.

Para o BNG-AA “trátase dun agravio comparativo entre as veciñas e veciños que están pagando puntualmente o consumo da auga e os que, dende fai moito tempo, non están a pagar o consumo e, consecuentemente, incrementan os custos públicos da auga da rede abastecemento”. Dende fai moitos anos o goberno socialista non puxo en marcha ningunha iniciativa para controlar os fraudes e as perdas na rede de subministro de auga.

Neste momento, no concellom non hai ningunha persoa adicada a facer inspeccións, xa que o único inspector que habitualmente cumpre esta función está a cubrir a baixa dunha das persoas que se adican á lectura de contadores. “Entendemos que o goberno municipal debe artellar mecanismos para controlar e sancionar os fraudes, ademais de revisar aqueles contadores que non están funcionando para que cada quen paguen en función da auga que consume” dixo Arroxo. Dende o BNG-AA apóstase pola revisión de contadores e das perdas da rede antes de propoñer subidas no recibo da auga a veciñas e veciños.

O BNG-AA preguntará polas perdas provocadas nos contadores da auga