Imprimir

O BNG-AA propón que os colexos públicos con cociña subministren a todos os comedores escolares

bnglugocentro | 19 de Xuño de 2017

Maite Ferreiro sinalou “nos comedores xestionados pola Xunta págase o comedor en función da renda e nos de xestión municipal páganse 5 € indeferentemente”

Lugo, 18 de xuño 2017. O BNG-AA levará ao vindeiro pleno do concello de Lugo unha iniciativa para reclamar que a Xunta de Galiza poña os medios necesarios e asuma as competencias de xestión dos comedores de todos os centros escolares deste concello de Lugo. Maite Ferreiro sinalou “pode haber moitas posibilidades para que a xestión sexa pública e a Xunta asuma as súas responsabilidade, nós plantexamos alternativas por que a realidade é que nos comedores xestionados pola Xunta págase o comedor en función da renda e nos de xestión municipal páganse 5 € indeferentemente da situación económica familiar”.

O BNG-AA proporá que se poñan en marcha os mecanismos necesarios e se estuden as posibilidades de que os 6 centros escolares que contan con cociña poidan abastecer de comida ao resto de comedores dos centros de ensino. “Entendemos que a Xunta ten que asumir as resposbilidades que define no propio decreto de comedores para que todos as nenas e nenos teñen a mesma atención” dixo Maite Ferreiro e engadiu “coa planificación axeitada as seis cociñoas existentes podería dar servizo aos 15 centros públicos do concello de Lugo que teñen servizo de comedor”.

Neste momento un total de 15 centros públicos ensino no concello de Lugo con servizo de comedor. Unicamente seis destes centros públicos contan con comedores xestionados directamente pola Xunta de Galiza e noutros nove teñen o servizo de comedor impulsado dende o concello foi xestionado, durante este pasado curso, polas ANPAS. Nestes centros públicos danse diferentes situacións, así, hai centros que teñen comedor e cociña, outros con comedor sen cociña e outros sen cociña e sen comedor. O feito de que algúns destes comedores estén xestionados directamente pola Xunta de Galiza crea un significativo agravio comparativo, en canto aso prezos do servizo, co resto de centros escolares que asumen a xestión a través de medios distintos a pesares de que a competencia é da Xunta de Galiza.

A edil do BNG dixo “entendemos que co final do curso é o momento de poñerse a traballar para que Xunta e Concello chegen aos acordos necesarios para establecer o sistema máis eficiente á hora de atender o servizo”. As posiblidades para que todo o alumnado dos centros públicos de ensino da cidade poida acceder ao servizo de comedor nas mesmas condicións son variadas e unicamente dependen da vontade política das administracións e da capacidade de entendemento dos seus representantes.

Centros Escolares

En Lugo hai 6 centros educativos que teñen cociña propia xestionada pola Consellería de Educación: CEIP Nadela, CEIP As Gándaras, CEIP Casás: CEIP A Ponte, CEE Santa María, IES San Xillao. E hai un total de 9 centros máis que ofrecen o servizo de comedor xestionado polas ANPAS coa colaboración do Concello de Lugo e son os CEIP: Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelaio, Rosalía de Castro, Paradai, Luis Pimentel, Sagrado Corazón. A maiores está o caso do CEIP Quiroga Ballesteros que é un centro público que non conta con servizo de comedor.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://lugocentro.bng.gal/articulo/novas/bng-aa-propon-colexos-publicos-cocina-subministren-todos-comedores-escolares/20170619142346006046.html


© 2017 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal