TRÁTASE DE PROMOCIONAR UNHA ALTERNATIVA PARA REDUCIR A CANTIDADE DE LIXO QUE TEMOS QUE ENVIAR A SOGAMA

O BNG –Asembleas Abertas propón a implantación dun plan de compostaxe nos centros escolares con comedor

Compost bin in the garden. Composting pile of rotting kitchen fruits and vegetable scraps

Rubén Arroxo sinalou que moitos centros escolares de Lugo que teñen comedor tamén teñen hortos aos que se podería destinar o compost producido

O BNG –Asembleas Abertas propón a implantación dun plan de compostaxe nos centros escolares con comedor

Lugo, 12 de marzo de 2018. O BNG – Asembleas Abertas lembroulle ao goberno municipal a proposta para que se inicie un programa de compostaxe nos centros escolares que contan con comedor. O obxectivo sería a incorporación de colectores de compostaxe nos centros escolares para reciclar a materia orgánica. Segundo Rubén Arroxo “no programa deberíase implicar no programa de compostaxe tanto ás ANPAS como ás empresas que, neste momento, xestionan so comedores e tamén aos propios centros escolares”.

Arroxo explicou que con esta iniciativa trataríase de involucrar aos centros educativos na redución de lixo que o concello ten que procesar, á vez que busca conseguir que "os nenos e nenas se sintan pioneiros dunha acción que cremos é fundamental para todo, non só desde o punto de vista económico, senón tamén ambiental".

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas declarou que este sistema tamén incidirá na concienciación, a respecto da cantidade de comida que se desperdicia nos comedores. Desde os comedores escolares, monitores e monitoras contribuirían ao labor de concienciación dos máis pequenos sobre a importancia de aproveitar a comida. Rubén Arroxo sinalou que moitos centros escolares de Lugo que teñen comedor tamén teñen hortos aos que se podería destinar o compost producido ou cedelo a particulares que teñen hortos nos arredores ou, incluso, para os hortos urbáns xestionados pola deputación ou o concello.

O BNG –Asembleas Abertas propón a implantación dun plan de compostaxe nos centros escolares con comedor