Imprimir

O BNG de Castroverde propón a mellora do conxunto etnográfico e o acondicionamento do Camiño Primitivo

bnglugocentro | 20 de decembro de 2019

Iria Castro e Olalla Rodil
Iria Castro e Olalla Rodil

Iria Castro estivo xunto coa parlamentaria Olalla Rodil para reclamar á Xunta esta situación.

Lugo, 20 de decembro de 2019.- A voceira nacionalista, Iria Castro, xunto coa parlamentaria, Olalla Rodil reclamaron conxuntamente ao Concello de Castroverde e á Xunta, a súa coordinación para o acondicionamento dos conxuntos etnográficos que posúe no transcurso do Camiño Primitivo como o coidado do mesmo.


Denuncian o abandono da administración autonómica polo trazado que transcorre polo concello, do mesmo xeito á falta de sensibilización cos elementos etnográficos que están na beiras do mesmo e a falta dunha sinalización axeitada para que os camiñantes non sufran desorientacións.

 

As nacionalistas recalcaron a súa demanda de cómo un Patrimonio da Humanidade pode atoparse nese estado, o que Rodil destacou “o coidado do Camiño tamén supón o coidado dos conxuntos que se atopan nel e fan que sexa parte do máis noso, como os lavadoiros que podemos observar”

 

Namentres, Castro recalcou “o Concello ten unha falta de sensibilización co noso Patrimonio, por iso poñémonos a traballar para que a veciñanza e as usuarias e os usuarios do camiño poidan desfrutalo pero tamén valorando o noso patrimonio”

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-castroverde-propon-mellora-do-conxunto-etnografico-acondicionamento-do-camino-primitivo/20191220140925007671.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal