O BNG castroverdés doará a súa achega económica para fins sociais no concello

Integrantes do BNG en Castroverde

A organización propón que esa achega se destine a creación dun fondo municipal para axudar as familias e ao comercio local.

O BNG castroverdés doará a súa achega económica para fins sociais no concello

Castroverde, 12 de maio de 2020.- O bloque de Castroverde renunciará a súa achega económica como integrante da corporación municipal para destinalo a fins sociais no concello, ao que a voceira nacionalista, Iria Castro, propón a creación dun fondo municipal para axudar aquelas familias en risco, a través de axudas que poderanse trocar no comercio local.

Iria Castro declarou “neste momento temos que destinar toda a axuda posíbel aquelas persoas que están en risco de vulnerabilidade, implementar medidas é urxente neste momento”

A voceira nacionalista segue tendendo a man ao goberno municipal, ao que por agora non convocou un pleno nin ningún tipo de xuntanza para informar sobre o estado da crise. Neste sentido, dende a formación nacionalista reclaman ao alcalde a que proceda a abrir pontes para que a corporación municipal traballe en conxunto para pór medidas a través da celebración dun pleno.

“desde o BNG cremos que hai que abrir pontes co resto de forzas, nós apostamos por unha actitude construtiva amosando propostas desde que xurdiu esta crise, medidas que consideramos xa necesarias no noso concello” sinalou Iria Castro.

O BNG castroverdés doará a súa achega económica para fins sociais no concello