Imprimir

O BNG denuncia a falta de atención á limpeza no rural, os contedores levan 2 semanas sen baleirar en Nadela

bnglugocentro | 06 de Novembro de 2018

Contedor na parroquia de Nadela
Contedor na parroquia de Nadela

“O goberno local non está vixiando que a URBASER cumpra cos compromisos, estamos descubrindo datos moi relevantes” afirmou Arroxo

Lugo, 6 de novembro de 2018. O BNG denuncia a falta de atención á limpeza no rural. Rubén Arroxo puxo como exemplo o caso da parroquia de Nadela, onde os contedores levan máis de 2 semanas sen baleirar “neste momento a veciñanza púxose en contacto con nós por que o lixo rodea os contedores e a empresa de recollida non pasa por alí”. Para o BNG “non é entendible”  que a empresa adxudicataria manteña este comportamento e dende o concello “se faga a vista gorda”.

“O goberno local non está vixiando que a URBASER cumpra cos compromisos, estamos descubrindo datos moi relevantes” afirmou Arroxo e avanzou que “nestes días poñermos máis cousas enriba da mesa no referente aos incumprimentos contractuais da empresa e cos que o goberno do PSOE está a facer a vista gorda”.

O 31 de marzo do 2017 caducou o contrato do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e transporte, polo que xa pasou máis de ano e medio. A este respecto cómpre lembrar que no mes de xuño do ano 2016 o BNG presentou unha proposición plenaria, que foi aprobada por unanimidade, solicitando a municipalización do servizo, resaltando ademais ao respecto (tal e como se pode ver nas actas dese pleno) que é preciso dar axilidade para evitar que o contrato caduque sen ter prevista unha solución.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-denuncia-falta-atencion-limpeza-rural-contedores-levan-2-semanas-baleirar-nadela/20181106131354006901.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal