Imprimir

O BNG e Galiza Nova desenvolverán unha charla sobre a arte e o feminismo.

bnglugocentro | 22 de novembro de 2019

Arte e Feminismo
Arte e Feminismo

Contará coa presenza de Luz Darriba e Mónica Alonso e será presentado por Maite Ferreiro.

Lugo, 22 de novembro de 2019. A comisión de acción feminista do BNG xunto coa Asemblea de Mulleres de Galiza Nova realizarán o próximo martes, día 26, unha charla-coloquio na que se falará sobre a arte e o feminismo.

Contará coa participación de Luz Darriba, artista multidisciplinar, e Mónica Alonso, artista plástica. Ambas mulleres de gran envergadura no eido artístico e cultural, no que a perspectiva de xénero é un elemento chave na súa produción artística. O evento será conducido por Maite Ferreiro, integrante da comisión de acción feminista do BNG, concelleira de cultura de Lugo e vicepresidenta da Deputación.

Deste xeito, como é natural no BNG, as nacionalistas súmanse as mobilizacións e actividades que se desenvolven na semana do 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación das Violencias hacia as Mulleres, para contribuir na reivindicación pero tamén na aprendizaxe colectiva contra as violencias machistas e a creba do sistema patriarcal. Porén, o BNG anima a toda a sociedade a participar nas activades e mobilizacións.

O lugar do evento será en Lugo no C.S. Uxío Novoneyra ás 19:30 horas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-galiza-nova-desenvolveran-charla-arte-feminismo/20191122114834007630.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal