Imprimir

O BNG inicia unha serie de comisións abertas para facer aportacións ao programa de goberno

bnglugocentro | 01 de febreiro de 2019

Arroxo sinalou que “queremos que participen todas as persoas que lle queren a esta cidade e que desexan un cambio para que Lugo funcione ”

Lugo, 2 de febreiro de 2019. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo anunciou o comenzo dunha serie de comisións abertas para a elaboración do programa electoral do BNG. Arroxo explicou que se desenvolverán un total de seis xuntanzas, dividas en bloques temáticos. As xuntanzas terán lugar no local comarcal do BNG e desenvolveranse entre o 4 e o 11 de febreiro. Arroxo sinalou que “queremos que participen todas as persoas que lle queren a esta cidade e que desexan un cambio para que Lugo funcione ”

O voceiro do BNG e candidato á alcaldía tamén sinalou que “establecemos diversos medios dixitais para que a xente faga aportacións, este ano puxemos en marcha unha APP para dispositivos móviles, que está a ter moito éxito entre a mocidade, a través da cal nos están chegando moitas propostas para mellorar a cidade”. O BNG ten aberta unha liña de whatsapp, o correo electrónico, e contas nas redes sociais de Instagram, Facebook e Twiitter “realmente as redes sociais funcionan como unha grande comisión aberta permanente onde mantemos contacto con moitas e moitos veciños de Lugo que nos fan achegas constantemente”.

A realización desta serie de comisión definiuse nunha xuntanza na que participaron integrantes da candidatura do BNG ás eleccións municipais e persoas que forman parte do Consello Local do BNG. Rubén Arroxo animou a “participar e a propoñer por que construír o Lugo do futuro é cousa de todas e todos” As comisións para a elaboración do programa de goberno estarán divididas en seis bloques temáticos e as datas de celebración serán as seguintes:

  • Mocidade – 4 de febreiro ás 20:00 horas
  • Igualdade - 5 de febreiro ás 19:00 horas
  • Economía, emprego e servizos sociais - 5 de febreiro ás 20:00 horas
  • Cultura, Patrimonio, Turismo, Educación e Lingua - 6 de febreiro ás 18:30 horas
  • Deportes - 7 de febreiro ás 19:00 horas
  • Urbanismo, Medio Ambiente, Infraestruturas, Rural e Mobilidade - 11 de febreiro ás 19:30 horas
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-inicia-serie-comisions-abertas-facer-aportacions-ao-programa-goberno/20190201211122007028.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal