Imprimir

O BNG levará ao Parlamento Galego unha iniciativa para reclamar o arranxo do pavillón dos institutos

bnglugocentro | 31 de Maio de 2018

Olalla Rodil reuniuse con representantes do alumnado que reclaman a mellora desta instalación deportiva e que se concentraron en diversas ocasións diante do instituto

Lugo, 30 de maio de 2018. A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza con representantes do alumnado que veñen demandando o arranxo do pavillón polideportivo dos institutos. Rodil lembrou que se trata a instalación é titularidade da Xunta de Galiza e sinalou que "é unha clara demanda dos centros de ensino e das persoas que utilizan esta instalación que adapte ao século XIX, pero parece que os responsables non son capaces de ver a realidade deste pavillón que se mantén como no século pasado e leva máis de 50 anos construído".

As clases no inverno ás veces son inferiores aos 5º C


Rodil informou "ante a inacción do goberno da Xunta imos trasladar esta cuestión ao Parlamento Galego para que o PP tome nota desta carencia que, sendo de fácil solución parece que tampouco é prioridade para o goberno galego por estar situada na cidade de Lugo". "Esta é unha mostra máis de como o PP no goberno da Xunta mira para outro lado cando se trata de temas relacionados coa nosa cidade" dixo a Parlamentaria do BNG.

Olalla Rodil sinalou que a comunidade académica dos centros que utilizan este pavillón ten demostrado a preocupación existente con varias concentracións e demandando, por diversas vías, o arranxo da instalación. Incluso, polo mal estado do chan do pavillón, houbo algún alumno lesionado durante este tempo e a instalación carece de mínimos necesarios como vestiarios, solo ten un, calefacción para que as clases que se dan no inverno que ás veces son inferiores aos 5º C. Este pavillón no cumpre coa normativa como a de que ten que contar con dous vestiarios para que homes e mulleres poidan cambiarse en espazos diferenciados.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-levara-ao-parlamento-galego-iniciativa-reclamar-arranxo-do-pavillon-institutos/20180531080825006636.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal