A PARLAMENTARIA DO BNG DENUNCIOU QUE HAI PRAZAS BALEIRAS E UNHA IMPORTANTE LISTA DE PERSOAS AGARDANDO POR PRAZA POR QUE A XUNTA SE NEGA A CONTRATAR PERSOAL

O BNG preguntará no Parlamento por un posible novo caso de lexionella na residencia das Gándaras

IMG_3463

Olalla Rodil sinalou que “é unha cuestión que se repite periodicamente e non vemos que se traballe para adoptar unha solución definitiva”

O BNG preguntará no Parlamento por un posible novo caso de lexionella na residencia das Gándaras

Lugo, 12 de abril de 2017. A Parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, anunciou que presentará no Parlamento unha serie de preguntas para coñecer cal é a realidade do que está a suceder na Residencia de Maiores das Gándaras que depende da Xunta de Galiza. Rodil sinalou que “temos informacións sobre un posible novo caso de lexionella na Residencia das Gándaras e consideramos que o goberno da Xunta terá aclarar este extremo para poder tomar as medidas necesarias de cara a unha solución definitiva”. “Trataremos de averiguar que se vai facer para evitar continuos brotes de lexionella, parece que está controlado pero ao pouco tempo volven aparecer casos e esto indica que non é correcta a actuación dos responsables” dixo Olalla Rodil.

Olalla Rodil sinalou que “é unha cuestión que se repite periodicamente e non vemos que se traballe para adoptar unha solución definitiva”. Rodil lembrou que xa se deron casos de lexionella en varias ocasións e puxo os exemplos de novembro do 2014, maio de 2015 e novembro de 2016. “Con estes antecedentes entendemos que a existencia de novos casos é posible e, dende o BNG, imos estar atentas para que o goberno da Xunta tome as medidas necesarias por se está xogando coa vida de persoas que, nalgúns casos, son especialmente sensibles” advertiu a parlamentaria nacionalista.

A Parlamentaria do BNG denunciou que existen prazas baleiras e unha importante lista de persoas agardando por praza por que a Xunta se nega a contratar persoal. “Non pode ser que se manteñan as listas de agarda para acceder a este servizo público mentres hai prazas que non se están utilizando” advertiu Rodil e explicou que “enviaron a persoas depedentes a outros centros por falta de persoal e agora hai unha planta adaptada para depedentes e non está utilizada por que non se contrata persoal para atender a estas persoas”. Para o BNG “non ten sentido abrir o debate sobre unha nova Residencia mentres a das Gándaras está infrautilizada, con carencia de medios, de persoal e de material”.

O BNG preguntará no Parlamento por un posible novo caso de lexionella na residencia das Gándaras