VÍTOR REI ESTRÉASE COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA E CONSTANTINO ALVITE E CARME PERNAS OCUPARÁN OS SEGUINTES POSTOS

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Vilalba

IMG_0010

“O BNG é a única proposta sería que se presenta cun proxecto claro” dixo Rei

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Vilalba

Vilalba, 10 de abril de 2019. O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Vilalba, Vítor Rei, que estará acompañado no primeiro tramo por Constantino Alvite e Carme Pernas. Segundo Rei “faremos unha candidatura para gobernar en Vilalba, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “o BNG é a única proposta seria que se presenta consolidada e cun proxecto claro para o concello”.

 

“Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para Vilalba e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Rei. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “Vilalba precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.

 

Rei afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. O candidato do BNG sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental neste mandato para garantir o mantemento de moitos servizos públicos e imos traballar obter o mellor resultado posible e facer que Vilalba avance a partir de maio de 2019”.

O BNG presentou o primeiro tramo da súa candidatura ás municipais en Vilalba