O BNG PRESENTOU UN ROGO NA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE PEDINDO O COIDADO DAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS

O BNG PRESENTOU UN ROGO NA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE PEDINDO O COIDADO DAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS

Os nacionalistas demanda do concello “que se coide a limpeza e os aspectos relacionados coa seguridade dos usuarios” nestas zonas

Antón Bao denunciou o mal estado da área de xogo situada ao carón do IES de Casás

Lugo, 26 de agosto de 2013. O BNG levou á comisión de Urbanismo, Infraestruturas, Medio Ambiente e Zona Rural, celebrada hoxe, un rogo pedíndolle ao goberno municipal que “se proceda a elaborar e aplicar un plan de limpeza periódico para as zonas de xogo infantil do concello de Lugo, que garanta as condicións hixiénicas precisas neste tipo de instalacións”. A presentación deste rogo veu derivada das numerosas queixas de usuarios destas zonas de ocio infantil que demandan unha maior limpeza e coidado das mesmas.

A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, xa denunciara no seu momento  agrande cantidade de suciedade acumulada no recinto do parque da Milagrosa e, especialmente, a zona de xogos infantís. Os nacionalistas demandan do concello que se teña un “especial coidado coa limpeza das área de xogo infantil” xa que “esto podería acarrexar graves problemas”. Para o BNG “o concello debe ser escrupuloso coa limpeza destas zonas xa que son especialmente sensibles pola idade dos nenos e nenas que as utilizan habitualmente”. Para o BNG o concello debe de executar un plan de limpeza diario destas zonas para evitar problemas de salubridade entre os nenos e nenas que utilizan todas as zonas de xogo da cidade.

As zonas de xogo infantil situadas en diferentes barrios deste Concello son lugar de encontro habitual para nenos e nenas, ademais de ser utilizadas por todo tipo de persoas. Algunhas destas zonas de xogo infantil están situadas en lugares nos que tamén é habitual o tránsito de animais de compañía e de persoas que utilizan as inmediacións dos mesmos como lugares de lecer. No caso do parque de Frigsa hai que ter en conta, tamén, a celebración dos mercados semanais. Estas circunstancias fan que algunhas destas zonas de xogo, pola súa ubicación, precisan dunha especial vixilancia para garantir que nenos e nenas poidan acudir a eles coas maiores garantías.

A zona de ocio infantil de Casás destrozada

Antón Bao denunciou, tamén, o estado de deterioro da zona de ocio infantil situada a carón do IES de Casás. Esta zona xogos está dentro do parque peri-urbán ao que se accede pola rúa Orquídea na zona de Casás. Os danos, aparentemente acumulados dende hai tempo, afectan a varios elementos da zona de xogo. Bao dixo que “o lugar non é apto, en absoluto, para que nenos e nenas poidan utilizalo cuns mínimos de seguridade”. A superficie de céspede artificial foi parcialmente arricanda, o balado do perímetro da zona de xogo ten tramos arrincados e os elementos de xogo están parcialmente destrozados. “Ademais do mal aspecto, o actual estado dos elementos desta zona, inhabilitan o espazo para o seu uso” dixo Antón Bao.

O BNG PRESENTOU UN ROGO NA COMISIÓN DE MEDIO AMBIENTE PEDINDO O COIDADO DAS ZONAS DE XOGO INFANTÍS