Imprimir

O BNG presentou a súa candidatura ao completo en Cospeito encabezada por Iolanda García

Director | 29 de abril de 2019

 “Conformamos un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e coas ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”

Cospeito, 29 de abril 2019. O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Cospeito. Un total de 11 persoas conforman esta candidatura “Presentámonos a estas eleccións municipais para facer de Cospeito un concello que esté ao servizo do povo, no que se cree emprego e riqueza” afirmou Yolanda García.

Segundo a candidata nacionalista “impulsaremos no concello un rural vivo, no que se potencie a actividade agraria, gandeira, económica e forestal para combater o despoboamento e crear riqueza e emprego en Cospeito” e engade “traballaremos por unha política consistente en dar servizo á veciñanza, ampliando os servizos públicos que se prestan desde o Concello e solicitando ao resto de administracións melloras nas prestacións dos servizos sanitarios, educativos, e de atención a persoas maiores, mulleres e crianzas”

A candidatura do BNG é, en palabras de García “un equipo para gobernar, con ilusión, con capacidade e con ideas claras para facer de Cospeito un lugar mellor”. As persoas que integran esta candidatura, comprométense ademáis a realizar unha xestión democrática, eficaz e transparente, promovendo a participación veciñal nos asuntos municipais.

Candidatura do BNG

1. MARÍA YOLANDA GARCÍA CABANA

2. JOSÉ BARREIRA ALONSO

3. MARÍA MONTSERRAT SANTISO BELLO

4. ALFONSO OLEGARIO AGUIAR BALLESTEROS

5. MARÍA ISABEL TEIJEIRO MURIAS

6. CARLOS MONTERO BASADRE

7. MARÍA JOSÉ NEIRA MASEDA

8. MIGUEL LOZANO GONZÁLEZ

9. NURIA CASTRO VILA

10. DAVID GARCIA IGLESIAS

11. MARIA FÉ NOVO OTERO

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-presentou-sua-candidatura-ao-completo-cospeito-encabezada-iolanda-garcia/20190429135326007218.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal