Imprimir

O BNG propón o acondicionamento do aparcadoiro situado nas rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro

Director | 05 de febreiro de 2019

“Trátase dun espazo que xa se utiliza na actualidade e deberíase acondicionar para evitar a lameira que se orixina” sinalou Rubén Arroxo

Lugo, 5 de febreiro de 2019. Rubén Arroxo presentou unha proposta para que o concello acometa melloras de acondicionamento no aparcadoiro que está situado na esquina das rúas Álvaro Gil e Ramón Piñeiro. “Trátase dun espazo que xa se utiliza na actualidade e deberíase acondicionar para evitar a lameira que se orixina” sinalou Rubén Arroxo e engadiu que “durante o inverno ata resulta perigoso camiñar pola beirarrúa pola cantidade de barro que se acumula e recibimos queixas veciñais”.

Arroxo propuxo que este espazo se inclúa na rede de aparcadoiros disuasorios municipais e se faga un pequeno investimento para mellorar as condicións de uso do mesmo “evitando as molestias que ocasiona na época de chuvia pola lama que se acumula”. A proposta do BNG pasa por que o concello acorde o uso “ordenado” coa propiedade do predio para que non se ocasionen molestias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-propon-acondicionamento-do-aparcadoiro-situado-nas-ruas-alvaro-gil-ramon-pineiro/20190205141606007037.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal