LUGO CONTA CON DÚAS ZONAS DE XOGOS DENTRO DA MURALLA QUE RESULTAN INSUFICIENTES ADEMAIS DE ESTAR NUN ESTADO DE CONSERVACIÓN CUESTIONABLE

O BNG propón unha zona de xogo na nova praza da traseira do Cuartel de San Fernando

IMG_6798

“Coincidimos na necesidade de ampliar o parque infantil de Campo Castelo, pero o centro preciso de máis espazos para nenas e nenos” dixo Arroxo

O BNG propón unha zona de xogo na nova praza da traseira do Cuartel de San Fernando

Lugo, 10 de outubro 2018. O BNG insistiu na necesidade de crear, na parte traseira do edificio do Cuartel de San Fernando, unha zona de xogos infantís. Arroxo lembrou que “no centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos”. Rubén Arroxo explicou que “as poucas instalacións que hai son insuficientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.

“Coincidimos na necesidade de ampliar o parque infantil de Campo Castelo, pero o centro preciso de máis espazos para nenas e nenos” dixo Arroxo e sinalou que “esta ampliación e mellora da zona infantil do Campo Castelo xa fora proposta polo BNG en numerosas ocasións”.

Para o BNG a instalación dunha zona de xogo infantil nesta nova praza “é totalmente asumible polo concello” xa que “trátase dunha inversión pequena que melloraría e humanizaría máis esta zona da cidade”. O voceiro do BNG-AA sinalou que “ademais a instalación de xogos para uso infantil melloraría a calidade do tempo que utilizan esta zona as nenas e nenos dos colexos existentes nas proximidades” afirmou o voceiro nacionalista.

Arroxo lembrou que no mes de xullo de 2016 se aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG para a instalación dun parque infantil no centro da cidade. Trátase pois de “asumindo poucos costes, convertrr esta nova praza en zona de tráfico calmado con autorización de entrada unicamente para residentes”. Lugo conta con dúas zonas de xogos infantís dentro do recinto amurallado que resultan claramente insuficientes ademais de estar nun deficiente estado de conservación. Unha delas, a do Campo Castelo, está totalmente saturada e a do Cantiño atópase nunha zona de pouco tránsito.

O BNG propón unha zona de xogo na nova praza da traseira do Cuartel de San Fernando