PARA O BNG “RESULTA INCOMPRENSIBLE QUE NON SE FAGA NADA PARA O MANTEMENTO DESTES SENDEIROS”

O BNG reclama o mantemento dos paseos fluviais “hai pozas inmensas que cortan o paso”

IMG_20181120_120403

“O problema é que non se fai mantemento nin no inverno coa chuvía e a lama, nin no verán cos desbroces” sinalou Rubén Arroxo

O BNG reclama o mantemento dos paseos fluviais “hai pozas inmensas que cortan o paso”

Lugo, 20 de novembro de 2018. O BNG reclama que o goberno municipal tome as medidas necesarias para acometer o mantemento do paseo do Miño. “O problema é que non se fai mantemento nin no inverno coa chuvía e a lama, nin no verán cos desbroces” sinalou Rubén Arroxo. No pleno do 21 de decembro de 2015 foi aprobada unha iniciativa presentada polo BNG para solicitar a mellora do parque do Miño. Para o BNG “resulta incomprensible que dende que se aprobou a nosa iniciativa no ano 2015 non se faga nada para o mantemento destes sendeiros”. O voceiro do BNG visitou o tramos próximo ao Balneario onde unha pozas de gran tamaño dificultan seriamente o tránsito.

Arroxo afirmou que a rede de sendeiros deste parque ten a superficie estragada pola falta de mantemento e o paso de maquinaria pesada “o chan está moi afectado polas rodeiras e os afundimentos polo paso de vehículos e cando chove acábanse formando auténticas lagoas” dixo Rubén Arroxo. O propio concelleiro afirmou que nesta época hai moita xente que usa este parque para pasear, facer deporte ou como momento de descanso, xa que está nunha zona próxima ao núcleo urbano, polo que permite achegarse camiñando ou en bicicleta, a maiores de estar iluminada.

Dende o BNG consideran que Lugo é unha cidade privilexiada por ter un importante número de zonas verde, mais consideran que deben de ter un coidado máis acaido ”É un luxo que teñamos Lugo rodeado de parques, pero de nada serven se non se coidan”, afirmou o concelleiro nacionalista.  Dende o grupo municipal tamén quixeron lembrar que no verán xa solicitaron un maior coidado destes sendeiros, pedindo os desbroces necesarios, posto que algunhas zonas resultan intransitables. “Existe moi pouco interese dende as diferentes institución pola atención destas zonas, e vémolo cando se atopan nun total abandono” afirmou Arroxo.

O BNG reclama o mantemento dos paseos fluviais “hai pozas inmensas que cortan o paso”