AS INSTALACIÓNS DO PUNTO DE ENCONTRO DE LUGO ESTÁN SITUADAS NA CALELLA DA DEPUTACIÓN E ATENDE CASOS DE MOITOS CONCELLOS DA PROVINCIA

O BNG solicita coñecer o funcionamento do Punto de Encontro da Xunta en Lugo

IMG_6254

“Queremos coñecer as instalacións e entidades ás que acuden, tamén, as mulleres vítimas de violencia de xénero” sinalou Maite Ferreiro

O BNG solicita coñecer o funcionamento do Punto de Encontro da Xunta en Lugo

Lugo, 19 de setembro de 2018. O BNG ven de solicitar formalmente unha visita, ante a Xunta de Galiza, para coñecer o funcionamento e as instalacións do Punto de Encontro da Xunta de Galiza. Maite Ferreiro sinalou que “é o único punto de encontro en toda a provincia e esta xestionado por unha entidade privada”. Ferreiro sinalou que “trasladáronse á comisión feminista do BNG cuestións relacionadas co funcionamento destes centros por iso queremos coñecer, en primeira persoa, o funcionamento dos mesmos”.

Os Puntos de Encontro dependen da Xunta de Galiza pero, neste momento, están xestionados por entidades privadas. Existen Puntos de encontro nas sete cidades galegas e as persoas que precisan utilizalos teñen que desprazarse, nalgúns casos centos de quilómetros, dende os concellos nos que residen. “Está claro que o funcionamento actual do sistema de Puntos de Encontro non é óptimo e a sociedade actual demanda unha maior implicación das institucións neste asunto que contribúe, sobre todo, ao benestar das crianzas”.

No caso de Lugo o Punto de Encontro está xestionado pola Asociación Dignidade. No resto das cidades son outras entidades ás que están á fronte da xestión dos centros. En Vigo e Ferrol están xestionados pola Asociación Camiña Social; o de A Coruña, pola Fundación Meniños; o de Ourense, pola UTE Meniños-Grupo; ol de Santiago, pola Asociación Encontro; e o de Pontevedra, por Eulen Servizos Sociosanitarios.

Violencia de xénero

O BNG iniciará, con esta visita, un percorrido polas entidades e instalación públicas que prestan apoio e servizo ás mulleres vítimas de violencia de xénero. “Seguimos traballando para que Lugo conte cun Xulgado específico de violencia de xénero, pero queremos coñecer outras instalacións e entidades ás que acuden, tamén, as mulleres vítimas de violencia de xénero” afirmou Maite Ferreiro

O BNG solicita coñecer o funcionamento do Punto de Encontro da Xunta en Lugo