MAITE FERREIRO SINALOU “CÓMPRE QUE SE TEÑA EN CONTA ESTA CUESTIÓN PARA ASEGURAR QUE O NOVO COLEXIO TEÑA COMEDOR PÚBLICO”

O BNG solicita que o proxecto do novo colexio do Sagrado Corazón conte con cociña para o comedor

O pleno da corporación municipal aprobou, sen votos en contra, unha iniciativa para que o novo Colexo conte con cociña e sexa de xestión directa

O BNG solicita que o proxecto do novo colexio do Sagrado Corazón conte con cociña para o comedor

Lugo, 13 de decembro 2018. O BNG solicita o cumprimento do acordo plenario do Concello de Lugo  para incluir no proxecto de construción do novo colexio situado no barrio do Sagrado Corazón, desta cidade, as infraestruturas necesarias coas dotacións e persoal necesarias para que se poida prestar o servizo de cociña e comedor neste centro educativo, cunha xestión directa dende a propia Consellería. Maite Ferreiro lembrou que, no pleno de xullo de 2017, “a corporación municipal aprobou, sen votos en contra, unha iniciativa para que o novo Colexo conte con cociña e sexa de xestión directa”.

O BNG propuxo que o novo colexo do Sagrado Corazón teña cociña propia, co fin de evitar as problemáticas que se deron nos últimos tempos a respecto dos comedores escolares, e garantir que este novo colexio conte cun servizo de comedor de xestión directa por parte da propia Consellería “Agora que se vai comezar co proxecto do colexio é o momento de lembrar estas cuestións para facer as cousas ben e evitar os problemas futuros” afirmou a edil Maite Ferreiro,

Dende o BNG tamén se lembrou que a día de hoxe nos comedores xestionados pola Xunta págase o comedor en función da renda e nos de xestión municipal páganse 5 € indeferentemente da situación económica familiar. O BNG entende o servizo de comedores xestionado pola Xunta como un servizo máis que deberían ter todos os centros, co fin de mellorar a conciliación familiar e evitar agravios entre os diferentes colexios.

A concelleira nacionalista lembrou que “O Decreto 132/2013, do 1 de agosto regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería con competencia en materia de educación. Este decreto configura o comedor escolar como un recurso educativo de carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación  básica obrigatoria dentro dos principios de igualdade e solidariedade”.

Para o BNG o servizo de comedor escolar foi feito no seu día para dar resposta á situación de desvantaxe social e económica de moitas familias asentadas en núcleos illados e diseminados, porén, nestes intres, o  servizo de comedor escolar vai máis alá, debido aos cambios socioeconómicos e ó aumento da demanda de medidas concretas en materia de conciliación da vida familiar e laboral.

O BNG solicita que o proxecto do novo colexio do Sagrado Corazón conte con cociña para o comedor