ATA O DE AGORA ERAN SÓ DÚAS PERSOAS AS ENCARGADAS DO MANTEMENTO DE TODA A CIDADE

A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores

Dentro dos obxectivos do goberno está reforzar os servizos públicos e crear emprego estable e de calidade
A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores

Lugo, 27 de setembro de 2019. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, supervisou no día de hoxe o traballo do novo persoal de reforzo da brigada municipal de obras, que se incorporou no día de hoxe. A brigada, que ata o de agora estaba formada por dúas persoas, pasará a contar con 7 traballadores que, segundo o concelleiro, “traballará na reparación das distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade”. “Dentro dos obxectivos do goberno está reforzar os servizos públicos e crear emprego estable e de calidade na plantilla municipal”, indicou Penas.       

 

Co reforzo da brigada, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. Alexandre Penas indicou que “a brigada de obras permítenos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores