RUBÉN ARROXO AFIRMOU QUE A OFERTA DO BNG SEGUE ADIANTE PARA ENCABEZAR UN CAMBIO DE GOBERNO NO CONCELLO DE LUGO

“Está claro que os partidos da dereita son os que van impedir un cambio de goberno en Lugo” dixo Arroxo

IMG_2976

Para o BNG resulta sorprendente o cambio de posición do grupo de Cidadáns que “alegan que Ana Pontón lle escribiu a Junqueras mentres eles apoian para presidir o goberno de España a quen se cartea cun delincuente como Barcenas” dixo Arroxo

“Está claro que os partidos da dereita son os que van impedir un cambio de goberno en Lugo” dixo Arroxo

Lugo, 2 de xaneiro de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, reafirmouse na súa proposta de liderar un cambio de goberno no concello e “facer que Lugo avance” mentres que sinalou a “incoherencia” do grupo municipal de Cidadáns que “nun primeiro momento manifestáronse favorables a apoiar a un candidato do BNG e 24 horas despois dixeron que non o podían apoiar por que Ana Pontón lle enviara unha carta a Junqueras”. Arroxo dixo que non resulta crible que a carta de Pontón a Junqueras sexa un impedimento por que “hai que lembrar que eles apoiaron en Madrid a investidura como presidente do goberno de España a quen se carteaba con un delincuente como Barcenas”.

Arroxo lembrou como dende o grupo de Cidadáns se afirmaba que “a nivel municipal non importaban as ideoloxías” e que no  concello de Lugo contaban coa autonomía suficiente para tomar as súas decisións independentemente dos criterios da súa formación a nivel estatal. “Está claro que os partidos da dereita son os que van bloquear a moción de censura” dixo Arroxo e lembrou que “unicamente o BNG presentou un candidato e uns obxectivos para abordar de xeito inmediato dende un novo goberno municipal”.

A pasada semana Arroxo comprometeu que o novo goberno daría solución as irregularidades que fan que o concello manteña empresas prestando servizos sen contrato dende hai máis de 6 anos como é o caso da estación depuradora e da estación potabilizadora e explicou “son situacións de absoluta ilegalidade e solo nós podemos darlle solución por que non temos ataduras nin compromisos con ninguén máis que co pobo de Lugo”.

Ademais Arroxo lembrou os cinco proxectos anunciados e comprometeuse a iniciar “de inmediato” a municipalización dos servizos de guindastre e recollida do lixo e lembrou “que a empresa que leva o guindastre é unha das que se atopan baixo os sumarios do caso Pokemon”. Rubén Arroxo xa anunciara que, no caso de chegar á alcaldía, no que queda de mandato efectivizariase o derribo do Garañón, a peonalización da zona da Mosqueira, a creación da zona pública de baño, a construción de varios aparcadoiros disuasorios e a modificación das liñas de buses para que sexan eficientes.

“Está claro que os partidos da dereita son os que van impedir un cambio de goberno en Lugo” dixo Arroxo