Imprimir

Comeza o replanteo na Milagrosa para a adaptación do novo Plan de Tráfico

bnglugocentro | 22 de maio de 2020

Os traballos terán unha duración de dous meses, nos que se establecerán distintas restricións á circulación

Lugo, 22 de maio de 2020. No día de hoxe comezaron os traballos de replanteo no barrio da Milagrosa para a adaptación do novo Plan de Tráfico. Segundo Rubén Arroxo, “esta actuación ten como obxectivo mellorar a circulación do tráfico e a seguridade viaria na zona”.

Rubén Arroxo indicou que “entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns”. Ademais, “reordenaremos o tráfico para aumentar a súa fluidez”. Rubén Arroxo anunciou que as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

 Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, Rubén Arroxo indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación.

A empresa Estradas Gallegas S.L. terá un prazo de dous meses para realizar as adaptacións, que foron licitadas por 32.522,42€. Desde a área de Mobilidade lémbrase á veciñanza que mentres se realicen os traballos poderán establecerse limitacións na circulación do tráfico.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/comeza-replanteo-milagrosa-adaptacion-do-novo-plan-trafico/20200522120253007973.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal