Imprimir

A concellería de Educación ofrece colaboración á Xunta para que as nenas e nenos poidan recuperar os libros de texto

Director | 20 de abril de 2020

Felipe Rivas
Felipe Rivas

Felipe Rivas: “trátase dunha medida que nos veñen reclamando as familias e os equipos directivos dos centros desde o inicio o estado de alarma”

Lugo, 20 de abril de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, ofrécese a colaborar coa Xunta de Galiza para artellar mecanismos que permitan que as familias poidan recuperar os libros de texto que deixaron nos centros educativos. “Queremos que as familias poidan contar con todos os recursos educativos que permitan continuar a formación das nenas e nenos”, declarou Felipe Rivas, que afirmou que os libros de texto son “material fundamental para que as nenas e nenos poidan realizar as tarefas desde a casa”.

“Ofrecémonos colaborar coa Xunta de Galiza, que é quen ten as competencias en educación”, afirmou Felipe Rivas, que engadiu “o persoal do Concello que traballa nos centros podería colaborar na preparación dos lotes de libros, mentres que o parque móbil da Xunta de Galiza realizaría a entrega ás familias”. “A Xunta dispón de Axentes Forestais con vehículos que tamén poderían colaborar no reparto dos lotes de libros nas 56 parroquias do Concello de Lugo”, declarou Felipe Rivas.

“Trátase dunha medida que veñen solicitando as familias e os equipos directivos dos centros desde o inicio do estado de alarma”, afirmou o concelleiro de Educación. “Isto sumaríase ao servizo de impresión para familias sen recursos, que está a ter unha gran demanda por parte da veciñanza”, declarou Felipe Rivas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concelleria-educacion-ofrece-colaboracion-xunta-nenas-nenos-poidan-recuperar-libros-texto/20200420121742007908.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal