CON ESTA MEDIDA, O CONCELLO FACILITA A CONCILIACIÓN E ATENDE ÁS SOLICITUDES DAS PERSOAS USUARIAS

O Concello adapta o horario de entrada ás escolas infantís municipais

O Concello adapta o horario de entrada ás escolas infantís municipais

Lugo, 01 de outubro de 2019. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou no día de hoxe que na escola infantil Serra de Outes permitirase a entrada dos nenos e nenas ás 9 horas “para facilitar así a conciliación, permitindo que as nais e pais que teñan ás súas fillas e fillos no colexio Menéndez Pelayo poidan entrar á mesma hora”.

 

Esta medida, segundo explicou o concelleiro nacionalista, “é un exemplo do compromiso do concello de Lugo por permitir a conciliación”. Felipe Rivas indicou que “dende a concellería de Educación tentamos dar atención ás persoas usuarias das instalacións municipais, sempre pensando no benestar dos nenos e nenas”.

 

Segundo indicou Felipe Rivas, “esta é unha actuación que require dun mínimo esforzo e que pode ser de gran axuda para as usuarias e usuarios das instalacións municipais”.

O Concello adapta o horario de entrada ás escolas infantís municipais