O Concello de Lugo informa das obras que se están realizando na rúa Couselo

Dende a área de infraestruturas infórmase da necesidade de circular con precaución até o remate definitivo da obra

O Concello de Lugo informa das obras que se están realizando na rúa Couselo

Lugo, 09 de marzo de 2020. A Concellería de Infraestruturas está a realizar o acondicionamento da Couselo, no barrio de Albeiros. A solución adoptada pola concellería consiste na renovación completa das beirarrúas, xunto coa aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente. Unha vez rematada esta actuación, procederase a adaptar a altura das tapas de rexistro e a pintarse a sinalización horizontal. Ademais, segundo indicou Alexandre Penas, cambiarase a drenaxe da rúa para evitar problemas de filtracións que afectaban ás veciñas da contorna.

Dende a concellería de Infraestruturas Urbanas investíronse 47.071€ na renovación desta rúa. Segundo indicou Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, “trátase dunha actuación moi necesaria debido ao estado desta vía, que se foi deteriorando nos últimos anos”. Alexandre Penas afirmou que “dende a Concellería de Infraestruturas Urbanas temos presentes as actuacións que son necesarias nos distintos barrios da cidade, xa que algúns que levan moitos anos sen recibir ningunha intervención”.

O Concello de Lugo informa das obras que se están realizando na rúa Couselo