Imprimir

O Concello retirará as antigas farolas de formigón do parque de Frigsa

bnglugocentro | 02 de outubro de 2019

Conservaranse exemplares como patrimonio histórico

Lugo, 25 de setembro de 2019.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que o concello procederá nos vindeiros días a retirar as antigas farolas de formigón instaladas cando Franco inaugurou a factoría en 1956 e que se conservan no entorno do parque de Frigsa. Segundo indicou Rubén Arroxo, “estas 12 farolas levaban sen funcionar desde o peche da factoría no ano 1983”.

 

Debido ao paso dos anos, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto. Segundo indicou Arroxo, “as que estén en mellor estado serán conservadas como patrimonio histórico”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/concello-retirara-antigas-farolas-formigon-do-parque-frigsa/20191002093123007488.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal