ARROXO LEMBROU QUE “A ESCOLA DE MÚSICA SEGUE EN PERIGO E A BANDA SEN DIRECCIÓN ASÍ QUE POUCO HABERÁ QUE CELEBRAR NO DÍA DA PATROA DA MÚSICA”

“No día de Sta. Icía o concelleiro debería pedir desculpas aos usuarios da Escola de Música” dixo Arroxo

rIMG_8989

Na asemblea promovida pola Asociación de Usuarios o concelleiro de Educación mentiu e aseverou que aprobando a RPT o problema estaría solucionado e os servizos xurídicos din que non é así

“No día de Sta. Icía o concelleiro debería pedir desculpas aos usuarios da Escola de Música” dixo Arroxo

Lugo, 21 de novembro de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, asegurou que “no día de Sta. Icía o concelleiro debería pedir desculpas aos usuarios da Escola de Música” e explicou que “na asemblea promovida pola Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música o concelleiro de Educación mentiu e aseverou que aprobando a RPT o problema estaría solucionado e os servizos xurídicos din que non é así”.

Rubén Arroxo explicou que “na comisión de voceiros celebrada o martes, o responsable dos servizos xurídicos municipais sinalou que a RPT non sería a solución, se non que a solución estaría nun plan de emprego no que se reconvertan algunhas das prazas vacantes do concello en prazas para o persoal da Escola Municipal de Música”. Para Arroxo “resulta insultante que o Concelleiro de Educación se presente na xuntanza á que nos convocou a Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música para ofrecer informacións enganosas e ocultar datos que son transcendentais para a solución do problema”.

O voceiro do BNG manifestouse “sorprendido” poloa presentación por parte do goberno dunha iniciativa para o pleno para solicitar un acordo plenario para o Mantemento do servizo da Escola Municipal de Musica do Concello de Lugo prestado por empregados publicos municipais   e sinalou “o Goberno ten que dar solucións e non facer propostas plenarias que solo reflexan intencións” e engadiu “neste senso todos os grupos temos manifestado por activa e por pasiva a nosa posición e non sabemos o que pretende o goberno con esta operación de lavado de cara”.

Arroxo lembrou que “a Escola de Música segue en perigo e a banda sen dirección así que pouco haberá que celebrar no día da patroa da música neste concello de Lugo”. Para o BNG “non é de recibo que o  goberno municipal pretenda utilizar a Escola de Música como refén para a aprobación dunha RPT que é polémica dende o inicio do seu trámite”.

Expediente dirección da banda

O voceiro do BNG avanzou que o BNG solicitará ter acceso ao expediente completo do proceso de selección da persoa que se encargará da dirección da banda municipal de música. Rubén Arroo sinalou que “imos estudar cales foron os pasos dados polo goberno municipal, por que as mentiras son continuas e desconfiamos de que se estén dando os pasos axeitados e a realidade é que a banda de música segue sen dirección dende o ano 2016”.

“No día de Sta. Icía o concelleiro debería pedir desculpas aos usuarios da Escola de Música” dixo Arroxo