Imprimir

Ediles do BNG analizaron, con alcalde de San Sadurniño, propostas e proxectos para os concellos rurais  

bnglugocentro | 17 de febreiro de 2018

No encontro estudaron experiencias exitosas en concellos gobernados polo BNG de cara a súa aplicación en concellos de Lugo

Lugo, 17 de febreiro 2018. Ediles e representantes do BNG en concellos da comarca de Lugo mantiveron un encontro en Lugo co alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, para abordar a necesidade de “aplicar políticas transformadoras e innovadoras nos concellos rurais”. García Casal deu conta de todo o traballo feito polo BNG no concello de San Sadurniño que “supuxo a reactivación dun concello rural no que, a pesar de todas as problemáticas comúns a moitos concellos deste país, fomos capaces de recuperar a ilusión e o orgullo entre as nosas veciñas e veciños”.

O BNG aposta pola implantación de políticas alternativas “para reverter as crises demográficas que sufren os concellos do rural galego, creado servizos, e estruturas económicas sostibles que fagan dos nosos concellos lugares apeticibles para vivir e traballar”. No encontro abordouse a translación, a concellos da comarca de Lugo, de políticas transformadoras do BNG aplicadas en concellos como Allariz, Ribadeo, A Pobra de Brollón, A Pastoriza, San Sadurniño ou Muras que “supuxeron un antes e un despois na vida para as persoas destes concellos” e ademais estudouse a adopción de medidas para o desenvolvemento e a mellora da calidade de vida de cara a sua aplicación en concellos de Lugo

Foi exemplo recente das posibilidades da xestión municipal a iniciativa do concello de Muras para que veciñas e veciños se beneficiasen de vivir nun concello cunha grande produción eléctrica  nos seus parques eólicos e que agora, grazas á acción política do BNG, reverte na recuperación de parte do importe do recibo eléctrico. Durante o encontro analizáronse as diferentes posibilidades e características que teñen os concellos da comarca de Lugo e “de como o BNG ten un poxecto político para poñelas en valor e facer que a veciñanza se sinta parte dun proxecto de futuro para estes concellos”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ediles-do-bng-analizaron-alcalde-san-sadurnino-propostas-proxectos-concellos-rurais/20180217234934006463.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal