Se o goberno en 10 días non actúa o BNG organizaremos brigadas veciñais para rozar a vexetación

rIMG_1232
rIMG_1232

“Nunca se viu Lugo tan abandonado como se observa nestes días no que respecta á falta de limpeza e roza da vexetación” Afirmou Rubén Arroxo

Se o goberno en 10 días non actúa o BNG organizaremos brigadas veciñais para rozar a vexetación

Lugo, 16 de agosto 2018. O BNG dixo estar disposto a organizar brigadas veciñais para rozar a vexetación se o goberno municipal non acomete as súas responsabilidades en menos de 10 días. Dende o grupo nacionalista explicaban que existe un importante malestar veciñal pola situación na que se atopa moitos espazos da cidade, “a veciñanza queixase por atoparse con beirarrúas cortadas polas silvas, rotondas que son selvas ou zonas verdes case intransitables” afirmou Rubén Arroxo. O propio BNG comentaba que todo o mundo sabe que nesta época a vexetación medra, malia a todo na súa opinión a situación na que se atopa Lugo non se deu en ningún outro ano “Nunca se viu Lugo tan abandonado como se observa nestes días no que respecta á falta de limpeza e roza da vexetación” Afirmou Rubén Arroxo.

 

O portavoz nacionalista explicaba que semella pouco coherente que dende a administración se lle estea esixindo aos propietarios a limpeza dos seus terreos como medida de protección contra o lume, e despois sexa a propia administración a primeira en incumprir dita normativa “quen primeiro ten que dar exemplo na limpeza das fincas ten que ser a administración, cousa que agora mesmo non se está a dar”

 

O BNG quixo lembrar que hai un ano xa organizaron unha brigada para rozar un camiño que une os parques do Miño e do Rato, posto que a día de hoxe segue sen existir un paso accesible e coidado, cuestionando que un ano despois siga sen existir un paso, e ese en concreto xa case volve estar pechado. Dende o grupo nacionalista anunciaron que esa será unha das actuación que están dispostos a levar a cabo se o goberno municipal segue a ignorar.

 

Se o goberno en 10 días non actúa o BNG organizaremos brigadas veciñais para rozar a vexetación