Imprimir

Grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán 2019

bnglugocentro | 10 de setembro de 2019

Maite Ferreiro: “Imos facer do San Froilán a grande festa do outono galego e queremos que grupos e artistas lucenses teñan o protagonismo”


 

Lugo, 05 de agosto de 2019. No día de hoxe reuniuse a Comisión Especial de Festas do San Froilán, na cal os distintos grupos da Corporación presentaron as súas propostas para as vindeiras festas. Segundo a edil de Cultura, Maite Ferreiro, “estamos a traballar coas propostas que nos fixeron chegar os distintos grupos da corporación”.

 

Maite Ferreiro, que presidiu a xuntanza da comisión, sinalou que dende a área de Cultura estase a traballar de xeito intenso para confeccionar a programación, definir os espazos e contar con propostas novidosas para que o San Froilán deste ano esté á altura que Lugo merece

 

Ferreiro indicou que “os artistas do concello serán os protagonistas destas festas, nas que contaremos con máis de 50 artistas da cidade”. Segundo Maite Ferreiro, “os grupos locais actuarán como teloneiros nos concertos dos grupos máis importantes, podendo actuar así nos escenarios principais das festas”. “Estamos a escoitar todas as propostas que nos están a chegar porque imos facer desta edición do San Froilán a grande festa do outono galego” indicou Maite Ferreiro

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/grupos-artistas-lugo-seran-protagonistas-deste-san-froilan-2019/20190910091715007363.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal