RUBÉN ARROXO DESTACOU A “DISPOSICIÓN DO RESTO DOS GRUPOS”

A Mesa do Transporte Público avanza na transformación da mobilidade da cidade


A Área de Mobilidade avanza nos pasos necesarios para volver activar o SAE
 

A Mesa do Transporte Público avanza na transformación da mobilidade da cidade

Lugo, 27 de setembro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, presidiu no día de hoxe unha nova xuntanza da Mesa do Transporte Público, na que, segundo declarou “se avanzou no deseño das novas liñas de bus urbano”. Rubén Arroxo destacou a “disposición do resto de grupos da corporación e a súa participación no deseño destas, permitindo crear un modelo de cidade que aposte polo transporte público e reduza o uso do vehículo privado”.

 

Ao respecto das novas liñas, Rubén Arroxo declarou que se está traballando en "transformar a mobilidade de lugo por unha mobilidade moito máis sostíbel onde o transporte público sexa fundamental". Para isto, as novas liñas cubrirán novas zonas da cidade, e aumentará a frecuencia en zonas xa cubertas polo bus urbano. Arroxo indicou que “estamos traballando en que barrios como Fontiñas ou a zona sur da cidade teñan unha maior cobertura”, e engadiu “na Avenida da Coruña, o tempo de espera máximo por un bus para ir ao centro será de 15 minutos”.

 

O Tenente de Alcalde anunciou que “as novas liñas serán unha parte importante do novo modelo de cidade que estamos proxectando desde a área de mobilidade”, e engadiu que “estamos dando pasos importantes coa empresa para activar canto antes o SAE, que será unha parte fundamental do novo transporte público da cidade”.

A Mesa do Transporte Público avanza na transformación da mobilidade da cidade