Imprimir

As mulleres, en Lugo, si tomaremos medidas contra as políticas machistas da ultradereita do PP” respondeu Maite Ferreiro

bnglugocentro | 14 de xaneiro de 2019

Maite Ferreiro lembrou o ocurrido coa liberdade dun violador, fillo de policía, cando Ramón Carballo era subdelegado do goberno

Lugo, 12 de xaneiro de 2019. A edil do BNG no concello de Lugo, Maite Ferreiro, alertou das intencións do candidato do PP en relación aos posibles pactos para acadar o goberno do concello de Lugo. “As mulleres, en Lugo, si tomaremos medidas contra as políticas machistas da ultradereita do PP” respondeu Maite Ferreiro e advertiu que “o BNG non vai permitir que se deixe de avanzar en materia de igualdade e na loita contra a violencia machista no concello de Lugo”

Para o BNG “as declaracións de Carballo non son sorprendentes” e Maite Ferreiro lembrou o sucedido, cando era subdelegado do goberno, e un violador actuou en diversas ocasións “a pesares de estar localizado e identificado, para a súa dentención actuouse dun xeito máis que discutible por ser fillo dun policía retirado”. Ferreiro lembrou, tamén outras manifestacións de Carballo cando lle quitou importancia a un caso de acoso no entorno do Miño en 2017.

Maite Ferreiro dixo que “certamente entra dentro do previsible este tipo de pactos, pero resulta lamentable que o candidato do PP por Lugo xa se vaia ofrecendo ao mellor postor cando aínda non están nin presentadas as candidaturas da maior parte dos grupos políticos que concurrirán ás eleccións municipais”. Maite Ferreiro tamén sinalou “sería interesante saber a opinión de Feijoo ou da xefa provincial do PP, Elena Candia, sobre estas intencións do candidato por Lugo para acadar a alcaldía”. “Parece que Carballo se vais situar nese grupo do PP que nega o termo violencia machista e aposta pola violencia doméstica” concluíu a edil do BNG.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/mulleres-lugo-tomaremos-medidas-politicas-machistas-da-ultradereita-do-pp-respondeu-maite-ferreiro/20190114134753006985.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal