Imprimir

Un novo semáforo reducirá o tráfico do casco histórico

bnglugocentro | 10 de setembro de 2019

Regularase a saída de vehículos á Ronda dende a Porta Miñá, eliminando o complexo percorrido polo centro que se tiña que facer até o de agora

Lugo, 06 de agosto de 2019. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, visitaron na mañá de hoxe o barrio da Tinería, onde nos próximos días se instalará un novo semáforo que regulará a saída de vehículos á Ronda  da Muralla dende a porta Miñá, reducindo o número de vehículos que circulan polo centro da cidade.

 

Segundo Penas, “este novo semáforo regulará a entrada e saída do tráfico na Tinería, que antes estaba obrigado a saír facendo un percorrido pola Tinería, rúa Nova, praza da Soidade e praza de Armanyá”. Con esta medida o goberno responde a unha demanda de veciños e veciñas do casco histórico, ademais das asociacións que representan a comerciantes e hostaleiros do barrio.

 

“Dende as áreas de Infraestruturas e Turismo seguimos poñendo solucións para activar Lugo e convertelo nunha cidade amable coas persoas”, indicou o Concelleiro de Infraestruturas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/novo-semaforo-reducira-trafico-do-casco-historico/20190910091826007365.html


© 2019 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal