Imprimir

Olalla Rodil “É escandaloso que non se teña aplicado unha liña de axudas directas á autónomos”

bnglugocentro | 01 de xuño de 2020

Olalla Rodil no obradoiro do artesán
Olalla Rodil no obradoiro do artesán

O BNG aposta polo impulso de axudas de 2000€ a persoas autónomas para paliar a crise da COVID-19

A candidata foi a escoitar e conversar sobre a situación que atravesan os artesáns

Lugo, 1 de xuño de 2020.-  Olalla Rodil, actual deputada e candidata do BNG por Lugo, mantivo un encontro en Outeiro de Rei co artesán Xaneco Tubío  para conversar e obter información, de primeira man, de como esta véndose afectado por mor da crise da COVID-19.

Neste caso, o sector da artesanía padeceu os efectos económicos de maneira brusca e rápida. En primeiro lugar, pola interrupción en parte da produción, e en segundo lugar, pola paralización da venda da súa artesanía, xa que en moitas ocasións os seus puntos de venda prodúcense en feiras e festas.

Estas consecuencias, comúns para na meirande parte de autónomos en Galiza, onde existen uns 210000, fixo que moitas delas tiveran que fechar ou facer axustes.

Porén, o BNG salienta en proporcionar axudas directas de 2000€ por parte da Xunta de Galiza a todas aquelas persoas autónomas as que tiveron que fechar ou reducir de maneira drástica a súa actividade, polo tanto, unha baixada de ingresos.

Olalla Rodil declarou “é escandaloso que a estas alturas a Xunta de Galiza non teña aplicado unha liña de axudas directas para autónomas/os como vimos reclamando nas ultimas semanas desde o BNG”

Ao que a candidata  recalcou que o goberno galego é o único que non está aplicando ningunha medida neste sentido “é necesario unha liña de axudas como ten Madrid, Cataluña, País Vasco, Andalucía ou Murcia, é inadmisible que o goberno galego non estea apoiando ás autónomas/os coa importancia e relevancia que teñen para o tecido económico e o tecido social”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/olalla-rodil-escandaloso-non-tena-aplicado-lina-axudas-directas-autonomos/20200601135303008007.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal