Imprimir

Olalla Rodil: “en Lugo plásmase o modelo de Axenda Urbana Galega do BNG, a redución do tráfico e da contaminación son os nosos obxectivos”

bnglugocentro | 03 de marzo de 2020

A candidata do BNG, xunto con Daniel Castro, número dous da candidatura, mantiveron un encontro coas integrantes do Grupo Municipal de Lugo

Lugo, 03 de marzo de 2020. Olalla Rodil, cabeza de lista do BNG por Lugo, xunto con Daniel Castro, número 2 da candidatura do BNG, mantiveron un encontro coas integrantes do Grupo Municipal do BNG na cidade onde puxeron en común as propostas de programa e as accións realizadas pola Fronte nos últimos meses no goberno da cidade. “Lugo é un exemplo de como as políticas do BNG melloran e transforman as cidades”, declarou Olalla Rodil.

A candidata do BNG declarou que “as accións que está a realizar o BNG no goberno da cidade serán un dos piares da Axenda Urbana Galega do BNG”. Olalla Rodil explicou que “o calmado e a redución do tráfico é unha das medidas que o BNG está a implantar na cidade de Lugo e que son esenciais para a Axenda Urbana Galega”.

“Outra das cuestións que se contemplan na Axenda Urbana Galega e nas que xa está a traballar o BNG na cidade é a promoción do transporte público no canto do vehículo privado”, declarou Olalla Rodil, que engadiu “dende o BNG, a partir do 5 de abril, traballaremos para desfacer estes 10 anos de abandono aos que Lugo estivo condenado coa Xunta de Galiza gobernada polo Partido Popular”

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/olalla-rodil-lugo-plasmase-modelo-axenda-urbana-galega-do-bng-reducion-do-trafico-da-contaminacion-son-nosos-obxectivos/20200303225501007835.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal