Imprimir

Olalla Rodil “non permitamos que o PP leve á sanidade ao precipicio”

bnglugocentro | 07 de febreiro de 2020

A deputada por Lugo do BNG no Parlamento Galego mantivo un encontro coa CIG Saúde para saber o estado no que se atopa o HULA

Rodil “ese descontento ten que se canalizar na manifestación porque coa sanidade pública non se xoga, é un dos nosos bens máis prezados”

Lugo, 07 de febreiro de 2020.- A viceportavoz e deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, acompañada polos concelleiros de Lugo, Rubén Arroxo e Felipe Rivas, mantiveron un encontro informativo coa delegación da CIG do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, para tratar de primeira man unha análise do funcionamento e estado do servizo sanitario.

Neste encontro, púxose por riba da mesa á falta de recursos, tanto de persoal como de materiais,  para poder desenvolver o servizo con plenas garantías aos usuarios e usuarias. Un dos sinais que amosaron esta carencia é a falta de roupa para os profesionais ou de roupa para as pacientes ou o déficit de persoal xeralizado.

Pero un dos principais servizos máis prexudicado é o de urxencias. Cualificaron a problemática desta área de “problema estrutural”, debido á falta de persoal e do lugar físico no que se atopa, o que non está ben adaptado para desenvolver o servizo en condicións óptimas.

Ao que tamén hai que engadir a falta da apertura de camas no complexo hospitalario, que producen como consecuencia os colapsos. Todos eles síntoma da política de recortes que padece o sistema de saúde.

Olalla Rodil explicou que o modelo de sanidade executado na última década polo Partido Popular leva á sanidade pública galega ao seu debilitamento, que co argumento da crise, aplicou duras políticas de recortes e medidas cuxo fin é a privatización e o seu desmantelamento, a que reclamou “non permitamos que o PP leve á sanidade ao precipicio”

O Bloque Nacionalista Galego chama a participar masivamente na vindeira manifestación en defensa da sanidade pública convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo 9 en Compostela. Un chamamento no que tamén a viceportavoz do BNG recalcou “ese descontento ten que se canalizar na manifestación deste domingo en Compostela, porque coa sanidade pública non se xoga, é un dos nosos bens máis prezados”

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/olalla-rodil-non-permitamos-pp-leve-sanidade-ao-precipicio/20200207133054007811.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entrechán
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentrol@bng.gal