Olalla Rodil: “A Xunta de Galiza debe implicarse nos Servizos de Axuda no Fogar”

Olalla Rodil xunto aos compañeiros de Outeiro de Rei

Para o BNG, o SAF debe ser un servizo de calidade que chegue a toda a veciñanza do país 

Olalla Rodil afirmou que “a Xunta debe marcar criterios igualitarios para todos os concellos”

Olalla Rodil: “A Xunta de Galiza debe implicarse nos Servizos de Axuda no Fogar”

Lugo, 10 de marzo de 2020.  A candidata do BNG, Olalla Rodil, visitou Outeiro de Rei, acompañada polos concelleiros do BNG na vila. Olalla Rodil afirmou que “Outeiro de Rei, como moitos concellos de Galiza, discrimina ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar”. Rodil indicou que “a Xunta de Galiza, a partir do 5 de abril, traballará da man dos concellos para implantar un Servizo de Axuda no Fogar digno e sen discriminacións de cara ás traballadoras”.

Segundo Olalla Rodil, “hai que marcar criterios igualitarios tanto para a prestación, de cara ás veciñas e veciños, como para garantir as condicións laborais das traballadoras”. “A Xunta exercería así de coordinadora do SAF, garantindo que un servizo de calidade chegue a toda a veciñanza de Galiza”, afirmou Olalla Rodil.

“O SAF é un servizo necesario, máis é complicado de xestionar debido á dispersión poboacional das persoas usuarias”, indicou Olalla Rodil, que engadiu “en moitos casos podemos ver traballadoras que realizan máis de 1.000 km ao mes cos seus vehículos persoais sen recibir a compensación por quilometraxe”. A candidata do BNG indicou que “o próximo goberno da Xunta de Galiza poñerá en marcha un plan para colaborar cos concellos en manter este servizo”.

Olalla Rodil: “A Xunta de Galiza debe implicarse nos Servizos de Axuda no Fogar”