“VEMOS COMO, UN ANO MÁIS, O GOBERNO DO PSOE NON FARÁ NADA PARA QUE LUGO TEÑA ZONA PÚBLICA DE BAÑO” AFIRMOU FERREIRO QUE VISITOU OS PANTALÁNS INSTALADOS NO RÍO

“A presenza de varios pantaláns demostra que crear unha zona pública de baño si é posible” advirten dende o BNG

IMG_9972

Maite Ferreiro sinalou que entidades como o Clube Fluvial ou a propia Deputación instalan estruturas flotantes no río “mentres que o concello segue negándose”

“A presenza de varios pantaláns demostra que crear unha zona pública de baño si é posible” advirten dende o BNG

Lugo, 9 de xuño 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, visitou os pantaláns instalados no río Miño na zona de As Saamasas. Ferreiro sinalou que entidades como o Clube Fluvial ou a propia Deputación instalan estruturas flotantes no río “mentres que o concello segue negándose a acometer a creación dunha zona pública de baño no Miño”. “Entendemos que todas as actuacións que se fan no río deben contar cos permisos necesarios” dixo Maite Ferreiro e lembrou que o BNG está a seguir un proceso administrativo na Confederación Hidrográfica Miño-Sil para demostrar que é posible contar coas autorizacións pertinentes para que Lugo conte cunha zona pública de baño.

Neste momento son varios os pantaláns que existen no río Miño entre a Ponte Romana e a zona de As Saamasas que permiten un acceso ao río para as distintas actividades para as que foron pensados “pero o goberno municipal é incapaz de dar solución a un problema que está latente dende que o BNG o propuxo formalmente non ano 2009” afirmou Ferreiro que lembrou as diferentes iniciativas que foron aprobadas en pleno e en comisión relativas á zona pública de baño nos últimos oito anos.

Ferreiro sinalou que “no mes de marzo o goberno municipal anunciou que iniciaría os trámites necesarios para que neste verán se puideran instalar piscinas flotantes nunha zona do río” e puntualizou “non se volveu saber nada das xestións do goberno, pero todo apunta a que un ano máis as lucenses e os lucenses non teremos un lugar apto para disfrutar do noso río”. Dende o BNG apuntouse “a presión mediatica” como a única ferramenta á que o goberno da resposta “respostas que despois non chegan a efectivizarse, por que en realidade nunca houbo vontade de facelas realidade”.

250.000 no orzamento

A edil do BNG lembrou que no orzamento, prorrogado do ano 2016, había unha partida específica de 250.000 euros para a zona pública de baño “que non se vai a utilizar igual que ven sucedendo nos últimos anos”. Esta partida orzamentaria quedara sen executar un ano máis, os lucenses seguiremos sen zona pública de baño e os cartos tampouco se utilizarán para cubrir outras das moitas necesidades que hai no concello de Lugo.

“A presenza de varios pantaláns demostra que crear unha zona pública de baño si é posible” advirten dende o BNG