RUBÉN ARROXO ANUNCIOU “POLÍTICAS SOCIAIS INTEGRADORAS”

RUBÉN ARROXO ANUNCIOU “POLÍTICAS SOCIAIS INTEGRADORAS”

IMG_8788 (1)“Mentres algúns están apuntando a posibilidade de usar o exercito contra os inmigrantes nos apostaremos polo dialogo coas persoas doutros paises que viven en Lugo” dixo Arroxo

O candidato do BNG – Asambleas Abertas mantivo unha xuntanza con representantes da comunidade senegalesa e afirmou que “non hai persoas ilegais”

Lugo, 26 de abril 2015. O candidato do BNG-Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, mantivo un encontro con representantes da comunidade Senegalesa asentada en Lugo. Arroxo quixo coñecer as problematicas deste colectivo de persoas. Arroxo afirmou que “non hai persoas ilegais” e sinalou que “ter que emigrar é un trauma persoal que sufren os que tiveron que sair dos seus paises e que agora viven con nós e tamén sufren moitos amigas e amigos meus que tiveron que marchar e agora se atopan dispersos polo mundo”.

Arroxo referiuse tamén ao actual debate sobre as políticas europeas en materia de inmigración e dixo que “mentres algúns están apuntando a posibilidade de usar o exercito contra os inmigrantes nos apostaremos polo dialogo coas persoas doutros paises que viven en Lugo”. Rubén Arroxo dixo que “é necesario que teñamos unha visión máis ampla sobre o que significa o feito de que en Lugo residan persoas como, neste caso as procedentes de Senegal”.

Rubén Arroxo lembrou que o BNG, na súa etapa de goberno no concello de Lugo, xa mantivera contactos con representantes da comunidade senegalesa para elaborar un estudo e tratar de “ordenar” a presenza de vendedores nas festas de San Froilán. O candidato do BNG - AA engadiu que “en todo o proceso das Asambleas Abertas no que se confeccionou a candidatura que encabezo e se estableceron as bases para a elaboración do programa de goberno fixemos un especial esforzo por contar coa presenza de representantes de asociacións e colectivos de inmigrantes”.

RUBÉN ARROXO ANUNCIOU “POLÍTICAS SOCIAIS INTEGRADORAS”