O VOCEIRO DO BNG INSISTIU EN QUE A FORMACIÓN QUE REPRESENTA SEGUIRÁ TRABALLANDO PARA QUE LUGO CONTE CUNHA ZONA PÚBLICA DE BAÑO “MÁIS AXIÑA QUE TARDE”

Rubén Arroxo presentou alegacións solicitando a retirada da sanción proposta pola Confederación Hidrográfica

RubénConf

“Entendemos que é unha denuncia feita cun obxectivo político, sen base para que a sanción proposta se faga efectiva” afirmou Arroxo

Rubén Arroxo presentou alegacións solicitando a retirada da sanción proposta pola Confederación Hidrográfica

Lugo, 9 de xaneiro 2018. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, rexistrou hoxe na sede da Confederación Hidrográfica en Lugo un escrito con alegacións á proposta de sanción recibida pola instalación dun cartel informativo na área de As Saamasas. “Entendemos que é unha denuncia feita cun obxectivo político, sen base para que a sanción proposta se faga efectiva” afirmou Arroxo e engadiu “por iso diriximos estas alegacións á Confederación”. Arroxo recoñeceu que o día 28 de xullo o BNG realizou un acto simbólico de colocación dun letreiro de pequenas dimensións (tamaño A3) na zona de As Saamasas e dentro da campaña na que se reclamaba a creación dunha zona pública de baño “e esto non se corresponde coas consideracións do denunciante na que se fala de utilización e aproveitamento da zona de Dominio Público Hidraulico”.

Na incoación do expediente signifícase a infracción dos supostos recollidos no artigo 77 da Lei de Augas e no artigo 72 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico cousa que, segundo Arroxo, non se corresponde coa realidade. No caso do artigo 77 da Lei de Augas o texto refírese exclusivamente á “utilización y aprovechamiento” pero non á “ocupación” que  é ao que se refiren os feitos denunciados, e Arroxo engadiu que “non houbo lucro, nin transformación, nin aproveitamento da zona de cauce do río”. Tampouco supón a infracción de ningún dos supostos recollidos no artigo 72 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico que fan referencia a aproveitamentos de “siembra, plantaciones o de corta de árboles” ou a “movementos de terras”.

Para o BNG “non se trata dunha ocupación, senón da instalación temporal dun elemento de reducidas dimensións, que non supuxo ningún dano nin alteración tal e como se recoñece na propio documento de incoación de expediente emitido pola Confederación Hidrográfica”. O cartel ao que se fai referencia na denuncia foi retirado ao pouco tempo da súa colocación o que coincide co que se demanda que figura neste expediente, de “restituír las cosas a su primitivo estado en el plazo de 15 días, retirando el cartel informativo”. O voceiro do BNG insistiu en que a formación que representa seguirá traballando para que Lugo conte cunha zona pública de baño “máis axiña que tarde”.

Rubén Arroxo presentou alegacións solicitando a retirada da sanción proposta pola Confederación Hidrográfica