“NO DECRETO 72/2019 APROBÁRONSE AXUDAS PARA A IMPLANTAR PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS OU PUNTOS DE PRÉSTAMO DE BICIS ELÉCTRICAS” EXPLICOU ARROXO

Rubén Arroxo propón, para Lugo, un proxecto de mobilidade sostible coas axudas do estado

IMG_0721
Foto de arquivo: Rubén Arroxo diante do desaparecido punto de recarga xunto do Vello Cárcere.

“Temos que pensar nunha mobilidade sostible e eficiente para Lugo, e estamos dispostos a liderar ese cambio” dixo Rubén Arroxo

Rubén Arroxo propón, para Lugo, un proxecto de mobilidade sostible coas axudas do estado

Lugo, 11 de marzo de 2019. O BNG propón a elaboración dun proxecto de mobilidade sostible para a cidade de Lugo. “Temos que pensar nunha mobilidade sostible e eficiente para Lugo, e estamos dispostos a liderar ese cambio” dixo Rubén Arroxo. O voceiro do BNG informou da publicación dun decreto do estado no que se establece un programa de axudas dotado con 45 millóns de euros para plans de mobilidade sostible e “para que Lugo funcione debemos aproveitar estas axudas e iniciar o camiño cara unha mobilidade sostible”.

Para o BNG “as circunstancias nas que se atopa a cidade de Lugo, sen ningún punto público de recarga eléctrica de vehículos, e co sistema de préstamo de bicicletas totalmente desmantelado son óptimas para presentar un proxecto integral e aproveitar as axudas”. O concello podería recibir entre o 30% e 40 % dos investimentos e podería ascender ata 100.000 euros tanto no caso dos puntos de recarga de vehículos como na creación de áreas de préstamos de bicicletas eléctricas”.

O decreto destina un total de 15 millóns de euros para iniciativas de innovación en electromovilidade con proxectos singulares e dase preferencia a cidades con elementos Patrimonio da Humanidade. “Esta é unha oportunidade que Lugo non pode desaproveitar, e entendemos que se debería aproveitar para mellorar a mobilidade en Lugo” afirmou Arroxo.

Recuperar os paneis solares do Ceao

En maio do 2017, o BNG propuxo, a través de Rubén Arroxo, a creación dun punto de carga para vehículos eléctricos no Ceao. A estación de carga estaría situado no parque de enerxías alternativas que “neste momento está a enterrar a enerxía que produce” e tería caracter gratuíto e público. Rubén Arroxo dixo que “o goberno municipal deberá que explorar cal é o mecanismo para que permita este aproveitamento por que entendemos que ademais de ser beneficioso para veciños e veciñas tamén supón un xesto de aposta polos recursos propios e sostibles do que dispón o concello de Lugo”.

Rubén Arroxo propón, para Lugo, un proxecto de mobilidade sostible coas axudas do estado