Imprimir

Rubén Arroxo propuxo a “inmediata” convocatoria da mesa de Ordenanzas

bnglugocentro | 11 de Outubro de 2018

Unha vez retirado o borrador da coñecida como Ordenanza Mordaza, para o BNG “é o momento de actualizar as ordenanzas deste concello”

Lugo, 11 de outubro 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, solicitou esta mesma mañá que se convoque, de xeito “inmediato”, a todos os grupos da corporación na Mesa de Ordenanzas. Unha vez retirado o borrador da coñecida como Ordenanza Mordaza, para o BNG, “é o momento de actualizar as ordenanzas deste concello”. Rubén dixo que “hai que avanzar, traballar, e acadar consenso para mellorar as ordenanzas que xa existen, buscando que sexan útiles para as veciñas e veciños”.

“Unha vez que o goberno municipal entra en razón e da marcha atrás na imposición da Ordenanza Mordaza, imos a traballar en positivo e solicitar que se xunte a Mesa de Ordenanzas para sacar adiante as modificacións e actualizacións necesarias nas Ordenanzas Municipais existentes” explicou Arroxo que se referiu á necesidade de actualizar a Ordenanza de Tenza de Animais, para axeitala á lexislación actual.

Rubén Arroxo sinalou a necesidade de introducir modificación, por exemplo, na Ordenanzas Municipal de Medio Ambiente “para mellorar a limpeza e a imaxe da cidade por que son moitas as veciñas e veciños que se queixan da suciedade nas beirarrúas e de predios abandonados nos que non se fan os desbroces correspondentes”. Ademais, para o BNG, tamén compre revisar e sacar adiante a Ordenanza de  Contaminación Acústica, para mellorar a convivencia. Outra das Ordenanzas que non chegou a sair adiante e que “debe estar nalgún caixón da alcaldía” é a de Publicidade.

Protección do Patrimonio

Arroxo dixo que tamén é necesario aplicar medidas para protexer o patrimonio. E referiuse a acontecido durante as festas coa fonte de San Vicente. O voceiro do BNG dixo que ademais de darlle aos elementos patrimonios  a necesaria consideración legal para garantir a súa conservación é necesario “ter en conta a presenza dos mesmos á hora de programar eventos”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ruben-arroxo-propuxo-inmediata-convocatoria-da-mesa-ordenanzas/20181011132147006855.html


© 2018 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal