FELIPE RIVAS: “UNHA VEZ MÁIS, DESDE O CONCELLO ESTAMOS TRATANDO DE CUBRIR OS OCOS QUE A XUNTA DE GALIZA DEIXA ABERTOS”

O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas

A concellería de educación entregou ás familias máis de 8.000 páxinas

O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas

Lugo, 21 de abril de 2020. O servizo de impresión a demanda que puxo en marcha a Concellería de Educación atendeu máis dun cento de peticións nas dúas semanas que leva en marcha. Entregando máis de 8.000 páxinas. Segundo indicou o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, “nestes días atendemos a familias sen recursos que permitan a impresión, que realmente precisan este servizo”.

 

“Puxemos en marcha este servizo para que todas as escolares e estudantes de Lugo continúen a ter acceso aos documentos que sexan imprescindibles para continuar coa actividade lectiva, cubrindo desde o Concello un oco que a Xunta de Galiza deixou aberto”, declarou o edil de educación. Para utilizar o servizo, deberanse enviar os arquivos a imprimir ao correo [email protected], xunto cun teléfono de contacto. Unha vez impresos os documentos, contactarase coa persoa solicitante para a entrega.

 

Felipe Rivas reafirmou o compromiso da Concellería de Educación para colaborar coa Xunta en que o confinamento teña o menor impacto posíbel no desenvolvemento da actividade educativa. Felipe Rivas lembrou que “desde o Concello queremos que as familias teñan acceso aos libros de texto que están nos centros de ensino, mais debe ser a Xunta, que ten as competencias en educación, quen tome a decisión”.

 

O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas