Imprimir

A zona de lecer da Praza de Abastos continuará aberta até o Nadal

Director | 16 de setembro de 2019

Dende a súa apertura, foi utilizada de media por 5 nenos e nenas cada día

Lugo, 03 de setembro de 2019.  A edil de Participación e servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que tras a alta demanda da zona de lecer da Praza de Abastos durante o verán, desde o Concello se continuará a ofrecer esta instalación durante as mañás dos sábados “e así contribuír a dinamizar o centro e aumentar os servizos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos”.

 

Durante o programa de verán, a zona de lecer foi utilizada de media por 5 nenas e nenos cada día, abrindo de luns a sábado. A partir do 28 de setembro, poderase utilizar durante os sábados até final de ano. Segundo Cristina López, “a partires dese momento, segundo a demanda, valorarase que a instalación siga aberta”. As inscricións continuarán a realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores, e terá unha limitación de 12 persoas. O horario continuará a ser, coma nestes meses, de 10:30 a 13:30

 

“Moitas nenas e nenos poderían desfrutar deste espazo infantil mentres os pais e nais fan as compras no casco histórico”, indicou Cristina López, e engadiu, “os sábados son días nos que hai actividade económica e permitirase a mellor conciliación da vida familiar coas compras e incluso co traballo dalgunhas persoas que traballan no centro e non teñen onde deixar ás crianzas durante a xornada laboral”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/zona-lecer-da-praza-abastos-continuara-aberta-ate-nadal/20190916101720007408.html


© 2020 Comarca de Lugo Centro

Bloque Nacionalista Galego - Sede Nacional

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: 981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Bloque Nacionalista Galego - Sede comarcal 

Rúa Miguel de Cervantes, 34, 1º Entresollado
27003  Lugo (GALIZA)
Teléfono: 982280410
Correo: lugocentro@bng.gal