é
Novas

Olalla Rodil: "Galiza é a novena potencia europea en producción de madeira, precisamos xerar máis riqueza e valor engadido a través do peche de ciclos productivos"

A candidata do BNG participou hoxe en dous encontros con representantes do sector forestal, onde presentou as propostas do BNG "para beneficiar o sector e mellorar as condicións de traballo das máis de 20.000 persoas que se adican á madeira"

Rodil: "O forestal é un sector estratéxico para o presente e o futuro do noso país e de Lugo, onde se realizan a metade das cortas de toda Galiza, temos que cambiar o modelo e transformar nós a madeira"

A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou "que o día 18 vaise decidir o futuro de Galiza, o apoio ao BNG garante  superar os 15 anos dun PP que non apostou polos nosos sectores productivos"

Ler novas
Novas

Daniel Castro: "A sanidade pública leva 15 anos sufrindo os recortes do PP, é hora de darlle a volta á situación"

O número 2 da candidatura participou nun encontro en Viveiro con colectivos sociais vencellados á defensa sanidade pública

O BNG desde o goberno da Xunta executará un plan de mellora da atención primaria, aumentando o orzamento destinado á sanidade ata o 25% ao longo da lexislatura, e recuperará a área sanitaria da Mariña

Castro animou a toda a veciñanza a participar na manifestación de SOS Sanidade Pública o vindeiro domingo 4 ás 12:00 en Compostela

Ler novas
Novas

"O BNG, en pleno ascenso, é referente para moitas forzas soberanistas emerxentes no Estado", dixo Olalla Rodil

Olalla Rodil interviu na convención nacional do BNG en Santiago de Compostela xunto a Ana Pontón e reuniuse en Lugo con integrantes do Partido Cantabrista que se achegaron a Galiza para coñercer de preto a precampaña electoral do BNG

A candidata do BNG por Lugo afirmou que o BNG está listo para gobernar a Xunta de Galiza "con solvencia e coa presidencia de Ana Pontón"

Ler novas