O BNG de Monterroso critia a perda de axudas do goberno local
Monterroso , 2 de agosto 2023.- O pasado venres publicouse no DOG a resolución das subvencións para a construción, reforma, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de carácter municipal e tamén para adquisición de equipamento deportivo.
Estas axudas solicitáronse en marzo do 2023 e, por exemplo, o veciño concello de Antas de Ulla vai recibir dúas subvencións, duns 42000 euros unha e duns 10000 euros outra.
“Monterroso recibirá 0 euros. Co ben que poderían usarse estas axudas para Cerdeiriños ou as pistas de padel, xusto cando está a piques de comezar a tempada”. Sinala Brais Vázquez, concelleiro do BNG.
“Cremos que, a pesar de que nos acusaron a nós de non ter financiamento para o que propoñiamos na campaña electoral, é o actual equipo de goberno o que deixa pasar oportunidades a pesar de compartir siglas coa Xunta, algo do que tamén alardean”.
O BNG de Monterroso critica que cando o actual equipo de goberno puido solicitar dita subvención deportiva non o fixo e ademais sinalan que seguen sen estar actualizadas as instalacións municipais no rexistro RIDEGA e polo tanto, aínda que se outorgase algún tipo de axuda non podería usarse, igual que lle pasou a outros concellos.“Xa avisamos, tamén, na campaña electoral que seguen sen actualizarse os rexistros de instalacións, tamén nos acusaron de mentir sobre isto, pero o tempo danos a razón”. Remata dicindo Brais Vázquez
Educación publica as listas das axudas para libros de texto e material escolar
As concellería de educación abre o prazo de presentación de documentación ás familias excluídas até o 30 de xullo
Pontón propón axudas directas ás empresas afectadas polo incendio no Ceao para evitar perder emprego e actividade
Visita ás naves destruídas polas lapas e destaca o eficaz traballo de extinción que evitou males maiores nun lume que mantivo a Lugo en vilo
Publicadas as listas provisionais das concesión de axudas para a compra de material escolar
Felipe Rivas: “as axudas contribuirán a garantir que moitas nenas e nenos teñan acceso ao material necesario”
A información pódese consultar no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal
Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar
As familias interesadas deberán presentar a solicitude até o 7 de setembro no rexistro xeral doconcello, doutra administración pública ou por vía telemática
A Xunta de Goberno aproba as bases para as axudas de material escolar e libros de texto deste ano
“Trataremos de abrir o prazo de solicitude o antes posíbel, seguindo o traballo que iniciamos no pasado curso para acelerar os tempos do procedemento”, afirmou Felipe Rivas
Olalla Rodil “É escandaloso que non se teña aplicado unha liña de axudas directas á autónomos”
O BNG aposta polo impulso de axudas de 2000€ a persoas autónomas para paliar a crise da COVID-19
A candidata foi a escoitar e conversar sobre a situación que atravesan os artesáns