coa
Novas

A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar as instalacións do Mercado Municipal coa apertura dunha sala de lactancia

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, e Cristina López, edil de Participación visitaron as novas instalacións xunto con integrantes da asociación Arrolos ao Ar

Cristina López: "Seguimos a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras"

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía colabora coa Feira do Entroido de Nadela

Haberá saída de autobuses gratuítos dende diante do Instituto Femenino cada media hora con parada e volta dende o Campo da Feira de Nadela

Cristina López: "As feiras tradicionais desempeñan un papel crucial na preservación da cultura e o patrimonio, ao tempo que fomentan o comercio local e a sostibilidade"

Ler novas
Novas

O BNG apoia ao comercio local lucense coa campaña "Mellor Local, Mellor Galego"

Participou a deputada por Lugo no Parlamento Galego, Olalla Rodil, xunto co grupo municipal do BNG en Lugo

O BNG aposta por incentivar a compra de produtos locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e a promoción alternativa e ecolóxica

Olalla Rodil: "Queremos dar a coñecer a batería de propostas que dende o BNG deseñamos para apoiar e incentivar a compra do produto local feito en Galiza"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo e Carme da Silva anuncian os logros conseguidos para Lugo coa sinatura do acordo de investidura

Mellora en infraestruturas, viarias e ferroviarias, para conectar Lugo ou a creación dun xulgado específico de violencia de xénero, entre as cuestións principais

Carme da Silva indicou que, alén das medidas do acordo "que mellorarán a vida do conxunto dos e das galegas, existen puntos específicos para a cidade de Lugo e a súa comarca"

Rubén Arroxo: "Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para o noso País que os 22 deputados e 18 senadores do PP escollidos na Galiza"

Ler novas